A fotografía de Jules Gervais-Courtellemont: un documento para a investigación e a didáctica do patrimonio en Galicia

Resumen

O valor e interese da fotografía como documento no ámbito da investigación e do ensino das
ciencias sociais é hoxe indiscutíbel. Tradicionalmente, os estudos restrinxían as fontes documentais á documentación escrita como primordial e case exclusiva, e o ensino -de todos os niveis-se
orientaba ao dominio do texto e todo o seu universo, quedando a fotografía nun segundo lugar
como material de apoio para o discurso ou como un material meramente ilustrativo. Esta concepción foise superando e paulatinamente. a fotografía pasou a ocupar un lugar importante na
epistemoloxía das ciencias sociais, con diferente ritmo e fortuna nas distintas disciplinas que as
integran. O seu valor transcende do que supón na historia da técnica e da arte, pois son moitas as
funcións e valores que encirra, moitas as lecturas e as olladas que podemos facer nela; o seu valor
polisémico é hoxe indiscutíbel (Lara López, 2005; Arias Santos, 2009).

 

Articulo completo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.