Formación de axentes educativos na didáctica do patrimonio

Resumo

Nesta comunicación abórdanse cuestións relacionadas co patrimonio cultural e a formación
de axentes educativos. A didáctica do patrimonio é un campo de investigación que nos derradeiros anos está
adquirindo un desenvolvemento e recoñecemento relevante tanto a nivel social como educativo, e responde á
crecente demanda social polo seu coñecemento e deleite e á toma de conciencia da súa inclusión en todos os
ámbitos da educación.
Trátanse diferentes aspectos na formación dos axentes educativos no eido do patrimonio cultural,
partindo principalmente de tres puntos: 1) Os axentes educativos fóra da escola: as relacións entre
patrimonio, xeración de coñecemento, ensino, museos e organismos públicos. 2) A importancia da formación
de monitores e educadores nos programas de didáctica do patrimonio e as reflexións sobre do seu papel
vehicular de intermediación nestes contextos. 3) A cuestión do patrimonio como “xacemento de emprego” e
a súa relación coa formación dos mestres.

 

Artículo completo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.